Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Galiza Nova presenta a I edición do Certame de Tiktok no marco da campaña “O Galego Vai Contigo”.

Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, convoca o I certame de creación de contidos a través da plataforma Tiktok, co obxectivo de visibilizar e dinamizar a comunidade galegofalante nesta plataforma e “desmontar algúns dos prexuízos que existen contra o galego”.
No marco da campaña “O galego vai contigo”, presentada a comezos do mes pasado, a organización xuvenil do BNG busca contribuír ao espazo onde poder expresarse e consumir contido en galego, buscando a normalización da lingua tamén nas redes sociais.
Para participar no certame hai que subir un vídeo á citada plataforma antes do domingo 16 de outubro e entre os premios contan con libros como “As Ramonas” de Ana Cabaleiro ou xogos de mesa en galego da marca “O Zoco Gz”.
O xurado estará composto polas “tiktokers” María Pradorrúa, Iris Gestoso e Sara Seco e comunicaranse as persoas premiadas mediante outro vídeo de Tiktok nesta mesma campaña.
“Esta campaña pretende contribuír á autoestima lingüística das falantes, especialmente nas idades onde se dan as mudanzas como é o comezo da formación profesional ou superior, así como desmontar algúns dos prexuízos que explican o progresivo abandono xeral da lingua galega”, apunta a organización nacionalista.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.