Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Medran os rexistros da microtoponimia de Carballo tras as xornadas específicas organizadas polo Concello

Remataron as Xornadas de Microtoponimia que organizou, nos xoves de setembro, o Concello de Carballo, abondando a riqueza dos nomes desde diversas perspectivas. Unha delas, o primeiro día (nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, así coñecidas desde esa xornada), foi a presentación da plataforma Galicia Nomeada, a través do seu coordinador, Vicente Feijoo. Grazas ás súas explicación, déronse de alta máis de vinte persoas neste espazo divulgativo e colaborativo, e incorporáronse máis dun cento de microtopónimos do municipio.

Faise a través dunha ferramenta sinxela na que se marchan nomes de leiras, montes e lugares de sempre para que no se perdan. «A importancia da microtoponimia é tal que se pode aproveitar en teses doutorais, expedientes de consellerías e concellos, na loita contra incendios, no uso de ambulancias, nos plans xerais de ordenación, na xeolocalización, na normalización da lingua dentro da aula e moito máis. O seu valor para o futuro do pobo galego é inmenso xa que resulta pracenteiro, propicia o contacto coa natureza, posúe un valor educativo e patrimonial, axuda a coñecer os lugares e a humanidade a apreciar a súa cultura e a reafirmarse como pobo e incluso pode favorecer unha mocidade saudable, indica o Concello de Carballo.

Ademais, a Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística presentou o primeiro vídeo da serie chamada Barrios de CarballoEsta primeira entrega destes traballos audiovisuais dedicouse ao barrio da Goubea, e participaron Fernando Cabeza, José Borrazás, Chita Esmorís, Manuel Andrade e José Pérez. O Concello xa está traballando nos seguintes capítulos.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.