Dende o 2006 o Premio Narrativa Breve en lingua galega busca promover a creación literaria na nosa lingua, outorgando un total de 12.000 euros á persoa gañadora, así como a publicación da obra por parte da Editorial Galaxia.
O certame, promovido pola Fundación Repsol e a Xunta de Galicia busca fomentar a cultura e a lingua…
“Máis dun millón de galegas e de galegos aprenderon a falar coa lingua galega. Mais esta é unha tendencia á baixa. A meirande parte das que hoxe teñen menos de 50 anos criáronse falando castelán”. Con este dato comeza a reportaxe Neofalantes, unha oportunidade para o galego, que pon en valor o papel do neofalantismo…
A V edición do premio Luis Porteiro Garea vén de premiar a Xosé Manuel Beiras Torrado, político e ex profesor da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela. Con este galardón, a USC recoñece o “papel activo na promoción do uso do galego no ámbito da xestión, tanto como director de departamento…
Dende a súa fundación no 1906, a Real Academia Galega non deixou de publicar títulos: dende dicionarios ata normativas da lingua, pasando por discursos da Academia e outros traballos. Agora, esta institución vén de completar a incorporación dixital ao seu portal de case todas as obras publicadas ata o de agora. Nesta última actualización sumáronse…
Unha proposta de Unidas Podemos, ERC, Bildu, Compromís, Junts, PDeCAT, PNV, BNG, Más País e CUP pedía permitir as linguas cooficiais na Cámara dos Deputados, unha iniciativa que o PSOE está disposto a rexeitar. Coa firma de Unidas Podemos e os principais aliados parlamentarios, propúxose unha reforma para poder realizar intervencións en euskera, catalán e…
No 1947 nacía o primeiro programa regular de radio en galego, o Galician Programme. Durante nove anos, a BBC de Londres acolleu programación en galego, permitindo oír a lingua da comunidade en calquera recuncho, nun momento no que o galego e a súa cultura eran perseguidas pola ditadura franquista.
Foi o 14 de abril de…
A illa das Esculturas, no río Lérez, acollerá durante os días 23, 24 e 25 de xuño o Surfing the Lérez Festival, unhas xornadas nas que a música galega se converte na protagonista. Tras dous anos sen celebrarse este encontro musical por mor da pandemia, música e cultura volven a Pontevedra cunha programación no que…
As aldeas bercianas de Corullón, Balboa e San Pedro de Olleros convertéronse nas protagonistas de "Fálame sempre", un documental que se estreou o pasado sábado 11 e que retrata a presenza do galego no territorio veciño do Bierzo.
“A fala berciana está morrendo”, explica o director do documental, Umberto Corral, quen naceu en Bembibre e…