"Amo moitísimo Galicia e unha das cousas que sempre quixen foi falar a vosa lingua". Así comeza o relato de Gabriela, unha boliviana que chegou á Coruña hai case sete anos e que decidiu, de maneira consciente, facer do galego unha parte central da súa vida. A súa historia, contada con entusiasmo e moita emoción,…
Con máis de 8.500 seguidores na súa conta de TikTok, @songalega é o nome baixo o que se coñece a Andrea, unha moza de Vilagarcía de Arousa que, vídeo a vídeo, está a construír un espazo nas redes sociais onde o galego, a actualidade política e a análise crítica se dan a man. A súa…
Manuel, natural de Madrid e residente en Ferrol desde hai preto de catro anos, é un dos moitos exemplos de neofalantes que deciden incorporar o galego ao seu día a día como forma de integración, interese cultural e compromiso persoal coa lingua do país que os acolle. "Cando cheguei a Ferrol non coñecía a ninguén,…
Juan Carlos é arxentino, oriúndo de Córdoba, pero vive e traballa en Foz, onde rexenta unha casa de turismo rural e tamén exerce de guía en Finca Galea. O seu contacto co galego foi medrando pouco a pouco ata que decidiu dar o paso de aprender a lingua e convertela en parte do seu día…
Os músicos Pauliña Chaves e César Morán participaron esta pasada semana no concerto de exalumnos da Facultade de Filoloxía e achegáronse ademais para reflexionar sobre a situación do galego na música e a evolución da lingua na sociedade. Ambos artistas compartiron experiencias persoais e profesionais, destacando a necesidade de ofrecer máis oportunidades á música en…
Isa Bermúdez, artista plástica de Carballo, sempre estivo rodeada de galego, pero non foi ata a adolescencia cando se plantexou incorporalo á súa vida diaria. Criada nun fogar castelanfalante debido ás orixes extremeñas da súa nai e á emigración da súa familia a Alemaña, explica que, malia que a súa contorna familiar máis ampla falaba…
Levas xa un tempo vivindo na Mariña, mais ti non vivías antes nesta comarca.
Non, eu son de Madrid aínda que a miña nai era de Lourenzá e por iso sempre tiven ese vínculo con este lugar, na parroquia de Santo Adrao.
Esa foi entón a principal motivación para asentáreste aí?
Ben, a miña nai emigrara moi nova,…
Como "galega de toda a vida" defínese Sabela Rial, tras escoitar a lingua en todo eido dende a nenez. Hai dous anos atopou no compromiso "de identidade" do uso do catalán, idioma de seu mozo, o punto de inflexión que a fixo galegofalante: “Seino falar, gústame falalo, as miñas amigas son case todas galegofalantes… Por…