Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

“Remix” dos clásicos das música galega: Siniestro, Ana Kiro, Juan Pardo ou Andrés Dobarro

Máis dunha ducia de artistas e bandas do panorama musical galego preparan cadansúa versión de temas clásicos da nosa música pop que serán recompiladas no proxecto discográfico 'Puro Deleite'. Deleite, a marca de leite creada por gandeiros impulsora de varias iniciativas de apoio á lingua e cultura galega, colabora na produción deste disco e pretende distribuílo…

Elixe ti tamén o libro galego do ano!!!!

Radiofusión iniciou nesta xornada o proceso participativo para escolller antes do remate deste 2021 o "libro galego do ano". Oíntes da radio e internautas poderán votar entre 40 libros propostos que foron os abordados ao longo do exercicio no programa "Clube de lectura" que todas as semanas emite a rede galega da radio local. Cada persoa poderá emitir só un voto a través…

Unha obra sobre o mundo dixital e a construción da memoria gaña o Premio Narración Breve Repsol

O autor Xosé Monteagudo recolleu este luns o Premio Narrativa Breve Repsol na XV edición do certame en recoñecemento á súa obra 'Eternity'. O escritor foi galardoado cun montante de 12.000 euros. Nesta ocasión, Monteagudo impúxose no certame e a súa obra foi seleccionada entre unhas 38 propostas orixinais e inéditas en lingua galega da presente edición. O…

“O Estado Español está enfermo de falta de equidade entre as súas linguas oficiais”

Continúa a loita pola promoción das linguas cooficiais do Estado Español. A Mesa Pola Normalización participou este mércores en Madrid na presentación dun fronte común pola defensa dos dereitos das linguas oficiais na Lei do Audiovisual do Estado. Acompañou así a plataformas como Kontseilua, Òmnium Cultural, Acció Cultural del País Valencià, Obra Cultural Balear, Escola Valenciana e…