Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A Xustiza en galego está de aniversario

A Xustiza en galego non sempre foi unha realidade. Que unha sentenza fose ditada na lingua da Comunidade non era algo común, por iso dende a Deputación de Lugo recordan a data que marcou un novo camiño para o uso da lingua o ámbito xudicial. Foi no ano 1985 cando no Tribunal superior de Xustiza se ditaron dúas resolucións en galego.

Unha delas era unha sentencia “moi concreta”, como a definiu o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca. Pero destaca a importancia da segunda, unha “sentencia clara e firme de que non había e non habería no futuro ningún impedimento para que os galegos e as galegas falásemos coa Xustiza na nosa lingua e que a Xustiza nos respondese do mesmo xeito”.

Co gallo do 37° aniversario de tal feito, dende a Deputación de Lugo organizaron un acto, no que ademais se descubriu un monolito en homenaxe aos maxistrados, letrados e fiscais que promoveron a galeguización do ámbito xudicial. Dita placa atópase na Praza de Avilés.

No acto conmemorativo participaron o presidente da Deputación de Lugo, Tomé Roca; a alcaldesa da cidade, Lara Méndez; e o letrado Xoaquín Monteagudo, entre outros. Este último destacou a importancia de que “o noso idioma se introducira e normalizase como linguaxe administrativa“. Durante o acto recoñeceuse a labor das maxistradas Dalila Dopazo e Sandra Piñeiro; os xuíces Edgar Fernández, Eladio Prieto, Luís Villares e Manuel Pereira; os fiscais Antón Fructuoso, Jesús Álvarez e Lucía Girón, e a letrada da Administración de Xustiza Ánxeles López.

“Foi unha decisión histórica para o devir da lingua galega na provincia de Lugo e tamén en Galicia”, concluíu Tomé Roca. Os participantes tamén se reivindicou o uso do galego nas administracións públicas. Máis información en Nós Televisión.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.