Foliada multitudinaria para reivindicar a nosa lingua. É o obxectivo de Queremos Galego para este 17 de maio; encher rúas e prazas de Compostela con baile e pandeiretas enchan. A intención é rematar na praza do Obradoiro nunha multitudinaria foliada pola lingua que será a grande homenaxe colectiva ás cantareiras e pandeireteiras. Máis info en…
A Xunta de Galicia anunciou a posta en marcha, nas vindeiras semanas, dun programa formativo específico para persoas procedentes de fóra da comunidade autónoma, co obxectivo de fomentar o coñecemento e uso do galego entre a poboación recén chegada.
Os cursos presenciais, cunha duración de 20 horas, estarán orientados á aprendizaxe básica da lingua e cultura galegas, e serán desenvolvidos pola Consellería de Cultura,…
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou á Xunta a aproveitar o Día das Letras Galegas, que se celebra o 17 de maio, para derrogar o decreto do plurilingüismo en vigor dende 2010 e "pór fin a 16 anos de políticas de acoso á lingua galega".
Durante un acto organizado por Galiza Nova en…
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, presentaron este martes o informe da situación do galego na sede das Nacións Unidas en Xenebra. Concretamente, o informe foi presentado ante o Comité de Dereitos Humanos da ONU.
Nun comunicado explican que o documento sinala os "incumprimentos"…
O xurado do certame aRi[t]mar da música e a poesía galego-portuguesa vén de preseleccionar as poesías que loitarán por ser recoñecidas como as mellores do pasado ano 2024. Son 10 poesías galegas e 10 poesías portuguesas, que optan a ser elixidas polo público como Mellor Poesía do Ano na Galiza e Mellor Poesía do Ano…
"Se desexamos mil primaveras máis para a nosa lingua, debemos de usala e amala, garantindo a súa presenza nos momentos transcendentais da nosa existencia, na morte tamén". Con estas palabras pecha Iago Aballe Iglesias o seu testemuño tras o falecemento do seu pai, ocorrido entre o Xoves e o Venres Santo. Un texto que circula…
O Consello da Xunta aprobou este luns a convocatoria de seis bolsas de formación para lectores de lingua galega en universidades situadas dentro e fóra do Estado español. A iniciativa, impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ten como obxectivo principal promover a lingua, literatura e cultura galegas no exterior, ao tempo que ofrece…
A lingua galega estreou esta semana a súa presenza docente en Nova York grazas á posta en marcha de cursos de galego no Instituto Cervantes, froito da colaboración entre esta institución cultural e a Xunta de Galicia. Así o anunciou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, durante unha visita á sede do Instituto…