O Consello da Xunta aprobou a convocatoria de 11 novas bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, concretamente en traballos relacionados coa lingua galega. Tal e como detallou o Goberno galego nunha nota de prensa, destinaranse 293.174 euros para "fomentar a capacitación dos titulados universitarios, ao mesmo tempo que se…
As televisións públicas de Euskadi (EITB), Cataluña (3CAT) e Galicia (TVG) anunciaron este mércores, no marco do foro Conecta FICTION & ENTERTAINMENT, a súa asociación para crear 'Pensión Incompleta', un proxecto de ficción gravado nas catro linguas oficiais do Estado: galego, eúscaro, catalán e castelán.
A serie -- aínda en fase de desenvolvemento e co inicio de…
Preto de 80 expertas e expertos integran xa o primeiro instituto de investigación do ámbito das Humanidades da Universidade de Vigo (UVigo), iLingua, impulsado por uns 38 investigadores da Facultade de Filoloxía e Tradución en 2021.
O seu obxectivo é promover e realizar investigacións en lingüística de primeiro nivel, priorizando os proxectos conxuntos e a captación…
Modo galego, actívao!, o proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na infancia desenvolto colaborativamente entre o Concello de Ames, a Real Academia Galega e os once centros educativos públicos amesáns, foi unha das experiencias premiadas na sexta edición dos Premios Mil Primaveras que se entregaron hoxe no Pazo da Cultura de…
María Otero Canabal (Forcarei, 2000), graduada en Dereito e Relacións laborais pola USC, vén de recibir o Premio Franco Grande de investigación xurídica en lingua galega pola UVigo polo seu traballo sobre as relacións laborais do servizo do fogar familiar. No mesmo fai unha análise xurídica deste sector desde a perspectiva da prevención de riscos.
Sobre…
A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela será o escenario de dous encontros científicos organizados polo Instituto da Lingua Galega (ILG) durante o mes de xuño. Ambas as citas están dirixidas tanto a especialistas como ao público xeral, e afondarán en eidos centrais do coñecemento lingüístico e literario galego.
O primeiro dos…
O Bierzo tamén homenaxeou ás cantereiras cunha mostra na Escola Oficial de Idiomas na que se dá conta da importancia que a memoria oral e o traballo de moitas destas mulleres tiveron na transmisión das tradicións e da lingua galega.
O campamento de verán da escola Semente de Lugo terá lugar do 23 de xuño ao 24 de xullo nas súas instalacións da aldea de Barbaín, no edificio da antiga escola unitaria. Está aberta a matrícula para nenos e nenas entre os 3 e os 9 anos de idade, que poderán asistir ao campamento de 8:30 a 15:30,…