Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

57 entidades e centos de colectivos impulsan o Protocolo Lingua Vital aprobado na Quintana

A praza da Quintana, en Santiago de Compostela, acolleu na mañá deste sábado unha asemblea aberta convocada pola plataforma Queremos Galego na que se presentou e someteu á aprobación cidadá o Protocolo Lingua Vital, un documento elaborado ao longo dos últimos meses por 57 entidades de diversos ámbitos sociais, co apoio doutras 396 organizacións. O…

A Xunta presenta o XIV Proxecto Didáctico Antonio Fraguas para impulsar o uso do galego nos centros educativos

O secretario xeral de Lingua, Valentín García, participou este xoves na presentación da XIV edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, unha iniciativa impulsada pola fundación dedicada ao investigador e docente galego coa colaboración da Xunta de Galicia. O programa está orientado a fomentar entre a comunidade educativa o coñecemento da lingua galega e do patrimonio…

‘Lingua Vital’ presenta un protocolo con medidas para ampliar a presenza do galego

A plataforma Lingua Vital convocou para este sábado 14 de marzo, ás 12:00 horas, unha asemblea multitudinaria na Praza da Quintana de Santiago de Compostela co obxectivo de presentar e ratificar o ‘Protocolo Lingua Vital’, un documento que recolle propostas destinadas a reforzar o uso do galego en diferentes ámbitos sociais e institucionais. O anuncio…

O Concello de Lugo apoia a reclamación veciñal para que a Policía Nacional rotule en galego a súa comisaría da avenida Ramón Ferreiro

A concelleira de Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, trasladou o apoio da súa área ás reclamacións formuladas pola veciñanza para que a Policía Nacional rotule en galego as instalacións da avenida Ramón Ferreiro e incorpore esta lingua á súa sinalización externa e interna. Ferreiro subliñou que se trata dun servizo público…

Recursos audiovisuais en galego para a docencia poñen o foco nas desigualdades de xénero

A plataforma 'Proxector: audiovisuais en galego para a docencia' incorporou unha nova escolma de materiais centrados na perspectiva de xénero e na divulgación do coñecemento en lingua galega. Esta entrega especial, publicada ao fío da conmemoración do 8 de marzo, reúne vídeos e contidos audiovisuais que abordan cuestións relacionadas coa ciencia, a historia, a filosofía…

A investigadora galega Iria de Dios participa en proxectos para mellorar a presenza do galego na intelixencia artificial

A investigadora Iria de Dios Flores (Vigo, 1990) desenvolve a súa carreira científica no ámbito da lingüística computacional e a intelixencia artificial, un campo no que analiza como funcionan os modelos lingüísticos artificiais e como poden contribuír ao estudo da linguaxe humana. O seu traballo tamén aborda un reto central das tecnoloxías actuais: a presenza…

O concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal recibe 850 historias na súa novena edición

O IX Concurso de microrrelatos organizado pola Real Academia Galega e PuntoGal pechou o pasado 28 de febreiro o prazo de recepción de obras cun total de 850 historias presentadas, todas elas cunha extensión máxima de 200 palabras. O certame estrutúrase en tres categorías dirixidas a diferentes idades, o que permite a participación tanto de…