Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O Congreso dos Deputados e a RAG asinan un convenio para traducir ao galego as leis aprobadas pola Cámara

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, asinaron este venres na Coruña un convenio de colaboración orientado á formación, o coñecemento e a difusión da lingua galega, con especial atención ao ámbito da linguaxe xurídica. En virtude deste acordo, a RAG encargarase de verter…

“Non comparar, senón compartir”: as autonomías con linguas propias reclaman máis apoio estatal

A promoción das linguas cooficiais entre a mocidade e a súa presenza nos ámbitos económico e xudicial foron algúns dos principais temas abordados este mércores en Santiago na reunión anual da comisión de seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística. No encontro participaron representantes de Euskadi, Cataluña e Illas Baleares, mentres que…

Máis de mil achegas cidadás e expertas marcan a renovación do Plan de normalización lingüística

A Xunta de Galicia recibiu máis de mil achegas no proceso aberto para actualizar o Plan xeral de normalización da lingua galega, segundo anunciou este martes o secretario xeral da Lingua, Valentín García, nunha rolda de prensa celebrada en Santiago. O responsable autonómico explicou que as propostas chegan tanto das once comisións de traballo formadas…

A CTNL convoca a sétima edición dos Premios Mil Primaveras para recoñecer boas prácticas no uso do galego

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca a sétima edición dos Premios Mil Primaveras, unha iniciativa que desde o ano 2019 recoñece accións, programas e proxectos que contribúan a promover o uso e o prestixio da lingua galega. Estes galardóns, que non teñen dotación económica, buscan dar visibilidade ás boas prácticas en…

O Concello de Ames impulsa un novo curso para achegar o galego ás persoas migrantes e doutras comunidades lingüísticas

Dende hoxe permanece aberto o prazo de inscrición no Curso de introdución á lingua e literatura galegas que organiza o Concello de Ames en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. A iniciativa, gratuíta e cunha duración total de 20 horas presenciais, está dirixida a persoas migrantes e veciñanza procedente doutras comunidades…

O CEIP Millladoiro de Malpica recibe o Premio ‘Na lingua que eu falo’ da RAG

A Real Academia Galega (RAG) celebra o Día Europeo das Linguas cun novo galardón ás iniciativas que promovan o galego na infancia, outorgado na súa primeira edición ao CEIP Milladoiro de Malpica. Faino, indica, para destacar "o bo facer" da comunidade educativa do Colexio de Educación Infantil e Primaria Milladoiro", que inaugura o Premio 'Na lingua…