Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Carlos Callón leva os séculos escuros do galego ata o País Vasco

O País Vasco pecha, este venres, 15 de novembro, unha axenda de actividades arredor da publicación de Carlos Callón O libro negro da lingua galega, de Edicións Xerais, que comezou en Donosti o pasado martes. Como peche para o ciclo, o autor realizará unha presentación da publicación na libraría Elkar de Poza, en Bilbao, acompañado da escritora Laura Mintegi e o guionista e director da Coruña Davide Cabaleiro.

O libro, polo que Callón foi receptor do Premio da Crítica de Investigación, recolle os testemuños da represión da lingua galega no propio territorio de seu ao longo dos séculos. Dende os castigos executados en ambientes escolares dende o 1543 (dar vareadas, meter pedras nos petos, obrigar a se axeonllar…) ata as multas franquistas polo uso do idioma, as páxinas retratan e constatan con documentación aquelas épocas de persecución e maltrato aos falantes do galego.

Na mesma xornada, o autor formará parte do XIV Seminario Internacional sobre Lingua e Literatura da Facultade de Letras de Euskal Herriko Unibertsitatea, en Gasteiz. Estas fronteiras a romper son outras que realiza o apelido Callón, que ten levado xa o galego a través destas páxinas a Río de Janeiro, Lisboa ou Bruxelas.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.