Dende hoxe permanece aberto o prazo de inscrición no Curso de introdución á lingua e literatura galegas que organiza o Concello de Ames en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. A iniciativa, gratuíta e cunha duración total de 20 horas presenciais, está dirixida a persoas migrantes e veciñanza procedente doutras comunidades…
O Instituto da Lingua Galega (ILG) vén de anunciar a celebración do Simposio ILG 2025, que terá lugar entre os días 18 e 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC. O encontro, que tamén poderá seguirse a través da canle de Youtube do ILG, xa ten aberto o prazo de inscrición ata o…
Mònica Richart preséntase con sinxeleza: profesora de inglés na Escola Oficial de Idiomas de Viveiro (centro Luz Pozo Garza) e escritora, con dúas novelas publicadas en valenciano/catalán e unha terceira prevista para novembro. O seu punto de inflexión co galego chega en 2023, cando se prepara para un lectorado na Universidade de Santiago de Compostela. Anticipándose…
A banda deseñada A tese de Margot achega ao público a figura de Margot Sponer (1898–1945), filóloga alemá pioneira nos estudos galegos e autora da tese Altgalizische Urkunden. Documentos antigos de Galicia. Publicada en agosto de 2025 no marco do festival Viñetas desde o Atlántico da Coruña, a novela gráfica propón unha lectura divulgativa e documentada…
Violeta é de Granada e prepara a súa tese de doutoramento en Historia na Universidad de Granada. Nunca tivera un vínculo directo co galego ata que, por accidente, un libreiro lle entregou unha tradución de Xerais no canto do exemplar que pedira. Ese primeiro contacto ficou como unha simple anécdota ata anos despois, cando, no…
Esta pasada fin de semana tivo lugar en Compostela o encontro Galeusca 2025, no que, entre outros asuntos relacionados coa lingua galega, falouse sobre intelixencia artificial, nunha mesa redonda na que estivo presente Rubén Cela, director da Oficina Técnica do Proxecto Nós, un proxecto que busca incrementar a presenza da lingua galega no ámbito da…
A Xunta de Galicia intensifica neste 2025 a oferta de cursos de lingua e cultura galegas para persoas non nadas en Galicia, co obxectivo de superar o cento de accións formativas e chegar a arredor de 1.500 participantes antes de que remate o ano. Así o anunciou este martes en Santiago de Compostela o conselleiro…
Brad é natural de Indiana (Estados Unidos) e chegou a Galicia hai dous anos. Primeiro viviu en Valdeorras, e actualmente reside en Lugo. Dedícase a ser profesor de inglés e tamén a crear contidos dixitais, un traballo que lle permite manter contacto coa lingua e a cultura galegas.
Explica que o seu primeiro achegamento ao…