Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

(VÍDEO) Vitamina-G, a iniciativa que esperta o galego na mocidade: “Os nenos e nenas son os protagonistas do seu propio cambio lingüístico”

O proxecto Vitamina-G, creado na aula de 5ºC do CEIP Sagrada Familia da Coruña, aposta por un enfoque innovador para a aprendizaxe do galego. A través da creación de vídeos e contidos para redes sociais, o alumnado explora o idioma dunha forma dinámica e atractiva, converténdose nos protagonistas da súa propia aprendizaxe lingüística. A iniciativa,…

Oito premios e unha gran gala en Santiago: así será a oitava edición de Enreguéifate

O concurso Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, abre a súa oitava edición, na que busca premiar as mellores regueifas en galego. O prazo para participar remata o 20 de marzo e as persoas interesadas poden inscribirse enviando un vídeo no que, polo…

Ourense maniféstase pola deturpación do seu topónimo nun valado publicitario

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración en apoio da única toponimia oficial de Ourense esta quinta feira (xoves) diante dos xulgados desta urbe, coincidindo co xuízo polas supostas actuacións nun balado que promovía a deturpación do nome da cidade das burgas impulsado desde a entidade Hablemos Español. A mobilización terá por lema Ourense polo seu nome e…