Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 657-664 posts

culture.gal, un novo portal para internacionalizar a literatura galega

O Consello da Cultura Galega presentou a primeira acción de 'Galicia, unha cultura por descubrir', que arrinca cun proxecto sobre literatura e que busca promover os grandes temas de creación da cultura galega contemporánea no exterior a través de materiais en galego e inglés. Esta primeira acción, baixo o título 'Galicia: unha literatura por descubrir' deuse a coñecer na véspera…

Ecopoesía, cando o Prestige é un nome en verso

A frecuencia dos topónimos é extremadamente significativa nas composicións de temática ecolóxica etiquetables baixo o termo emerxente ecopoesía. “A análise da (micro)toponimia representada nestes textos, especialmente nos que teñen como tema a defensa de espazos agredidos, revela unha serie de estratexias asociadas ao reforzo da identidade, a resistencia e a ecoloxía dos nomes”, salienta María Xesús…

Os nomes de Rosalía de Castro

Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, abriu este sábado a quenda de relatorios na VII Xornada de Onomástica Galega, organizada pola RAG, cunha achega sobre a onomástica na obra rosaliana. “O estudo da onomástica en Rosalía axuda a entender varias das dúas estratexias como escritora e varios perfís tamén dos seus fundamentos literarios e…