A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de facer pública a resolución da primeira convocatoria de axudas para o desenvolvemento do sector galego dos videoxogos, cun total de 150.000 euros destinados a oito produtoras que traballan nesta industria emerxente. O obxectivo da medida é facilitar a chegada ao mercado de contidos creados en Galicia…
A escritora Ledicia Costas, unha das voces máis recoñecidas da literatura galega actual, foi gañadora do premio SM O Barco de Vapor de literatura infantil coa súa nova obra Feriópolis, unha narración de corte fantástico que "dá voz ao mundo interior dos nenos en toda a súa complexidade, ofrecéndolles un refuxio", segundo destacou o xurado.…
Na aldea de Arroxo, en Lourenzá, vén de botar a andar un proxecto singular que mestura aprendizaxe lingüística, integración social e intercambio cultural: a Escola de Neofalantes. Trátase dun espazo educativo dirixido a persoas adultas de diferentes nacionalidades que decidiron aprender galego, algúns por motivos profesionais e outros simplemente por vontade de integrarse na comunidade…
Con máis de 6.000 votos totais emitidos, pechouse o proceso de votación mediante o cal o público do certame aRi[t]mar escolleu cales foron as Mellores Músicas do pasado 2024 na Galiza e en Portugal.
No caso galego, o público acordou que Quererse ben, de Mondra, foi a Mellor Música do 2024 na Galiza. O artista, natural…
Por moito que pasemos por riba sen decatarnos, o musgo —ou como queiras chamalo— está en todas partes: na pedra húmida do lavadoiro da aldea, nas fragas sombrías ou mesmo nos tellados. Esta pequena planta, discreta pero vital, agocha un mundo de nomes segundo quen a mire e desde onde se mire. En galego, lingua…
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores as bases reguladoras para a concesión das axudas de 2025 destinadas á tradución ao galego de obras literarias publicadas orixinariamente noutras linguas. O obxectivo da convocatoria é reforzar o apoio ao libro galego e contribuír ao fortalecemento do mercado editorial en galego, mediante o financiamento parcial…
A Universitat Oberta de Catalunya (UOC) lidera unha nova investigación que busca determinar se o bilingüismo actúa como factor protector fronte á demencia. O proxecto, titulado 'O bilingüismo nos trastornos asociados ao envellecemento: desde a cognición até as redes neuronais (BILiARD)', analizará diferentes variables do uso de dúas linguas, como a idade de adquisición, a…
A Universidade de Santiago de Compostela será a encargada de desenvolver recursos lingüísticos en galego para o proxecto ALIA, o modelo estatal de intelixencia artificial promovido polo Goberno central. A institución académica recibirá unha achega de dous millóns de euros para contribuír ao adestramento da ferramenta, segundo informou o Ministerio para a Transformación Dixital e a…