Lucas preséntase como músico, acordeonista e saxofonista, natural de Redondela, e define con sinxeleza o seu perfil persoal. Mais hai un proceso de fondo que mudou a súa relación coa lingua propia do país. Hoxe identifícase como neofalante, algo que asimiu logo dunha etapa vital fóra de Galicia.
O punto de inflexión produciuse cando marchou…
A Universidade da Coruña (UDC) recoñece nos seus estatutos o galego como lingua de uso preferente na administración. Así o lembra Xesús Mosquera, responsable do Servizo de Normalización Lingüística, quen distingue con claridade entre os distintos ámbitos da vida universitaria: a administración, a docencia e a investigación, así como os tres grandes sectores da comunidade…
O Concello de Redondela presentou no IES Chapela a programación vinculada á celebración do Día de Rosalía, cunha nova edición do reto “Unha semaniña enteira”, unha iniciativa impulsada polos institutos do municipio que busca promover o uso do galego oral durante as 24 horas do día ao longo dunha semana completa.
A campaña desenvolverase do…
O Proxecto Nós, desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela , vén de sumarse á iniciativa Modo Galego, actívao!, un programa de inmersión lingüística impulsado pola Real Academia Galega e o Concello…
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que RTVE continúa sen cumprir as obrigas legais en materia de emisión de contidos en galego, malia que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual establece porcentaxes mínimas de dobraxe e lexendaxe nesta lingua. Segundo lembra a entidade, o ente público debería ofrecer un 2,5% de contidos en galego en…
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Xuventude, vén de convocar unha nova edición do concurso en liña #LinguaDeNamorar, unha iniciativa dirixida á mocidade de entre 14 e 35 anos que promove a creación de mensaxes de amor en lingua galega.
O certame…
A Xunta de Galicia reforza un ano máis a súa estratexia de colaboración coa lusofonía a través do apoio ao Festival Converxencias, que na súa duodécima edición programa un total de 16 actividades culturais entre Galicia e Portugal. O secretario xeral da Lingua, Valentín García , presentou hoxe o certame, que se desenvolve desde…
A Deputación de Pontevedra vén de convocar unha nova liña de subvencións públicas para a edición de traballos en lingua galega, dirixida a apoiar proxectos culturais que contribúan á difusión e preservación da identidade galega vinculada á provincia. A convocatoria está orientada a publicacións en formato papel, audiovisual ou mixto, que se editen entre o…