Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 121-128 posts

O festival ‘Modo galego, actívao!’ reunirá máis de 2.500 persoas en Bertamiráns para promover o uso do galego

O Pazo da Peregrina acolleu esta mañá a presentación do festival que servirá de peche á cuarta edición de ‘Modo galego, actívao!’, unha iniciativa destinada a fomentar o uso do galego entre a rapazada. A cita terá lugar o venres 17 de abril na explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns e contará coa participación…

A Deputación de Pontevedra convoca a segunda edición do Premio Castelao de Teatro con 12.000 euros

A Deputación de Pontevedra vén de convocar a segunda edición do Premio Castelao de Textos Teatrais, unha iniciativa que tivo a súa primeira edición en 2025 coincidindo co 75 aniversario do falecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O certame mantén a súa dotación económica, cun único premio de 12.000 euros, que inclúe ademais a adquisición…

Máis de medio millón de euros para reforzar Lex.gal e ampliar a lexislación en galego na rede

O Consello da Xunta aprobou este luns a sinatura dun novo convenio de colaboración para ampliar os contidos e optimizar a tecnoloxía do portal xurídico Lex.gal, unha plataforma que recompila a lexislación da Comunidade Autónoma en lingua galega. O acordo dá continuidade ao subscrito en 2022 e estará vixente ata o ano 2029. A iniciativa…