Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A Xunta quere oficializar a toponomia das zonas galegofalantes de León e Zamora

A Xunta de Galicia busca iniciar “unha nova fase” na presenza do galego no Bierzo e Sanabria facendo oficiais os topónimos da zona neste idioma. Así o explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, durante unha intervención na Comisión de Cultura para responder a unha pregunta do PPdeG sobre os resultados do ensino de galego no Bierzo, en León, ou Sanabria –ou Seara na forma galega–, en Zamora.

Tras expresar os bos datos que obtén este programa de ensino da lingua, Valentín García dixo que a intención da Xunta é “empezar unha nova fase” en relación ao galego na área, a da toponimia. Na súa intervención, destacou que algúns dos lugares destas áreas teñen “unha toponimia que poderiamos dicir que está moi castelanizada”, o que é acorde coa súa pertenza a Castela e León, pero cuxas “formas patrimoniais son galegas”. “Ou teñen, polo menos, tamén unha forma galega”, dixo o secretario xeral.

Con iso, a Administración galega quere “oficializar polo menos unha toponimia bilingüe”, de modo que sexa normativamente correcto utilizar nomes como “Toural dos Vaos” ou “Vilafranca do Bierzo”, mencionou, algo que require, admitiu, unha modificación normativa. “Non é fácil, pero estamos a empezar a mover as primeiras pezas”, apuntou. Toda a información en Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.