Real Academia Galega (RAG) presentou, no XVI Congreso Internacional de Antropoloxía, que se clausura este venres na Coruña, o proxecto para impulsar accións de dinamización lingüstica.
Gabino Vázquez-Grandío, técnico do Seminario de Sociolingüística, presentou, no marco deste encontro, o proceso de deseño e posta en marcha do ‘Modo galego, actívao!’, a experiencia colaborativa impulsada pola a RAG e o Concello de Ames para desenvolver accións de dinamización lingüística en espazos comunicativos, á marxe das aulas.
Vázquez-Grandío, membro da Asociación Galega de Antropoloxía, organizadora desta edición do congreso, coordinou, ademais, xunto ao profesor da Universidade Autónoma de Madrid, Héctor Grad, o simposio sobre antropoloxía e linguaxe.
Sobre o proxecto da RAG, a institución informa que se trata dunha proposta colaborativa coa participación de profesorado , familias e case 3.000 nenas e nenos e a realización de distintas propostas.