Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A Consellería de Cultura abre o prazo para propostas empresariais de dinamización á lectura en bibliotecas

Ata o 20 de xaneiro, a Xunta de Galicia abre a convocatoria da presente campaña ‘Ler conta moito 2025’, a través da que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude busca promover o hábito lector entre a poboación dende as instalacións das bibliotecas públicas galegas. Ao catálogo pódense sumar empresas e profesionais galegos do eido da cultura que presenten actividades coas que divulgar e asentar o hábito lector.

No 2023, as iniciativas presentadas foron un total de 644. Entre a tipoloxía de dinámicas presentadas, que poden ser ata tres como máximo por empresa ou persoa, poden ter o formato de charlas, obradoiros, exposicións ou roteiros, entre outros. De acadar o cupo de propostas, unha delas debe estar orientada á promoción da igualdade entre mulleres e homes ou á loita contra a violencia de xénero.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.