As xogueterías e librerías de A Guarda contan cunha nova oferta para as crianzas da man dos lexendarios Bolechas. A Organización de Palangreros Gardeses (ORPAGU) vén de presentar o libro Os palangreiros da Guarda, nunha colaboración coa que buscan “o fomento da lectura nos cativos e tamén do seu tempo de xogo” sen olvidar “potenciar o comercio local”.
O organismo iniciouse no 1995 e, hoxe, supón a frota máis importante de Europa no relacionado coa pesca de palangre. A súa pertenza a un concello de menos de 10.0000 habitantes non foi impedimento para acadar, no 2020, ter en activo 72 barcos entre os océanos Atlántico, Índico e Pacífico para a pesca de peixe espada.
Promoción do relevo xeracional
Con case 30 anos de historia, ORPAGU salta da auga ao papel para espallar a súa labor ata os máis pequenos. A través dunhas das personaxes máis históricas da ilustración e literatura infantil galega, buscan captar a interese e garantir a continuidade do sector da pesca, en perigo pola falta de relevo xeracional. No relato, buscan fomentar a realización da práctica dende as premisas da sostibillidade e coidado do medioambiente, o que ven fundamental para a industria.