Os Premios Zenda, cun xurado de profesionais da industria editorial e vinculados á revista Zenda, concederon o Premio Zenda de Infantil e Xuvenil 2023-2024 á escritora viguesa Ledicia Costas. Sete dentes de león, ilustrado por David Sierra e editado por Xerais, está dirixido ás crianzas de cinco anos e explica a orixe das cores dende unha ollada na que rebosan “imaxinación, talento e gozo”, segundo resaltou o xurado ao xustificar a súa elección. A publicación foi editada en castelán, asemade, pola editorial Nórdica.
La escritora Ledicia Costas ha ganado el Premio Zenda de Infantil y Juvenil 2023-2024 por su libro Siete dientes de león, ilustrado por David Sierra y publicado en español por la editorial @Nordica_Libros y en gallego por @Xerais @LediciaCostas https://t.co/oEpEATjCda
— Zenda (@zendalibros) November 20, 2024
Costas é unha das profesionais da verba en galego, así como en castelán, máis premiadas e lidas no panorama narrativo actual. O recoñecemento é unha suma á súa traxectoria de territorios conquistados a través da súa escrita, premiada dende Galicia a Münich.