Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A galego-brasileira Nélida Piñón, protagonista da segunda edición de ‘Voces da narrativa’

A Real Academia Galega (RAG) dedicará á académica de honra Nélida Piñón (Río de Janeiro, 1937 – Lisboa, 2022) a segunda edición de ‘Voces da narrativa’. O encontro, aberto a todo o público, profundará na vida e na obra “dunha figura esencial das letras contemporáneas de Brasil”, que fixo das súas raíces galegas parte da súa produción literaria.

A xornada de homenaxe, organizada pola sección de literatura da institución, terá lugar na sede da Fundación Barrié o vindeiro martes, día 29, a partir das 17.00 horas. A mesma, con participación de catro relatores, poderá seguirse tamén en directo desde academia.gal e a canle do Youtube da RAG.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.