Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Catro creadores de contido amosarán en Pontevedra o potencial do galego nas redes sociais

O Campus de Pontevedra acolle este luns, 26 de outubro, unha nova edición de 'Comunica en galego', unha iniciativa impulsada polo docente Xosé Baamonde e patrocinada pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. A xornada busca fomentar o uso da lingua galega na comunicación dixital a través das experiencias de catro creadores de contido que desenvolven…

A música urbana e os novos artistas en galego protagonizan unha xornada sobre o futuro social da lingua

A música contemporánea e a súa capacidade para influír nos hábitos lingüísticos da mocidade centran este martes, 20 de outubro, os XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Consello da Cultura Galega. A xornada, que se desenvolve na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, reúne artistas de diferentes xeracións e estilos para analizar…

Do odio ao galego nas redes sociais aos cambios na lingua: a USC organiza dúas xornadas en novembro

O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebrará durante o mes de novembro dous encontros científicos dedicados ao estudo das linguas desde diferentes perspectivas. A evolución e os cambios lingüísticos, por unha banda, e a presenza do galego e doutras linguas minorizadas nas redes sociais, pola outra, serán os…

AGAL impulsa en Compostela unhas xornadas centradas no neofalantismo e a converxencia coa lusofonía

O sábado 31 de xaneiro tivo lugar en Santiago de Compostela a primeira edición das xornadas ‘(Re)unidas pola Língua’, unha iniciativa promovida pola AGAL coa finalidade de abrir un espazo de reflexión colectiva arredor do neofalantismo, a normalización lingüística e o papel da lusofonía no presente e no futuro do galego. A sesión matinal desenvolveuse…

Por que os máis novos abandonan o galego? Expertos analizan o impacto dos prexuízos e a falta de recursos nunha mesa redonda

Na mesa redonda ‘Emerxencia lingüística e perspectivas de acordo arredor da lingua galega’, celebrada este sábado no marco das IV Xornadas de Normalización Lingüística, expertos de diversas institucións analizaron a crítica situación da lingua galega e debateron propostas para garantir a súa supervivencia. Os participantes coincidiron en que a transmisión xeracional e os ámbitos educativos…

A normalización lingüística será o tema central dunhas xornadas este sábado en Compostela

Este sábado, 25 de xaneiro, celébranse no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela as IV Xornadas de Normalización Lingüística, baixo o título 'O galego en situación de emerxencia lingüística'. O evento, dirixido especialmente ao colectivo docente, pretende analizar os desafíos do idioma galego no ámbito educativo e propoñer accións para fomentar o seu uso. A…