Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Animate e participa nos Premios Mil Primaveras: convocada xa a sexta edición

Xa está en marcha unha nova edición dos Premios Mil Primaveras. Uns premios convocados pola Coordinadora de Técnicas de Normalización Lingüística que trata de recoñecer accións, programas, campañas, proxectos etc. que teñan como obxectivo a promoción do uso e do prestixio da lingua galega.
Os Premios Mil Primaveras non teñen dotación económica. Con eles procúrase o recoñecemento e a ampla difusión das accións, programas ou proxectos escollidos polo xurado. Para axudar a dar a coñecer os proxectos premiados, organizarase un acto público de entrega e os seleccionados polo xurado estarán dispoñibles para a súa consulta detallada no web www.milprimaveras.gal, tal e como están agora os 28 proxectos elixidos nas edicións anteriores.
PARTICIPACIÓN
Todas as candidaturas deberán ser de programas, proxectos ou accións xa desenvolvidas e con vixencia total ou parcial en 2021, 2022, 2023 ou 2024. Non se valorarán propostas de accións pendentes de levar a cabo nin se premiarán traxectorias de entidades, senón programas concretos desenvolvidos nalgún/s dos anos indicados.
A inscrición faise a través dun formulario dispoñible en www.milprimaveras.gal. O prazo para inscribir proxectos estará aberto do 16 de outubro de 2024 ao 31 de xaneiro
de 2025.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.