Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Un oso, letras e moito vocabulario: así é ‘ArgaQuest’, o videoxogo galego creado nun instituto da Coruña

Aprender unha lingua pode resultar complexo, especialmente cando os métodos tradicionais non conseguen conectar cos intereses das novas xeracións. Con esa idea como punto de partida naceu ArgaQuest, un proxecto impulsado polo IES Fernando Wirtz da Coruña que aposta polos videoxogos e a tecnoloxía como ferramentas para fomentar o uso do galego entre a mocidade.

A iniciativa vén de ser recoñecida pola Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que a incluíron entre os cinco proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística máis destacados de Galicia para o curso 2025-2026. A distinción supón unha achega económica de 2.000 euros para o centro educativo e a concesión do Primeiro Premio de Innovación Educativa ao profesorado implicado na súa posta en marcha.

Máis información en El Ideal Gallego

Leave a comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.