Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Ledicia Costas recoñecida co premio O Barco de Vapor coa súa obra ‘Feriópolis’

A escritora Ledicia Costas, unha das voces máis recoñecidas da literatura galega actual, foi gañadora do premio SM O Barco de Vapor de literatura infantil coa súa nova obra Feriópolis, unha narración de corte fantástico que “dá voz ao mundo interior dos nenos en toda a súa complexidade, ofrecéndolles un refuxio”, segundo destacou o xurado. A entrega oficial do galardón terá lugar o 24 de abril nunha gala en Madrid.

Con 208 obras presentadas nesta edición, o xurado escolleu ‘Feriópolis’ por propoñer “unha viaxe nunha montaña rusa que transita desde a inquietude cara á empatía e a esperanza, pasando por un camiño cheo de emocións e personaxes inesquecibles”.

Máis información en Galicia Confidencial

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.