A regueifa en Galicia atravesa un momento de rexurdimento, mais a súa continuidade segue a depender da capacidade de transmitir este coñecemento máis alá dos espazos tradicionais. Neste contexto, o músico e regueifeiro Xanhe, coñecido como o Rabelo, vén de impulsar unha escola online de regueifa co obxectivo de ampliar o acceso á aprendizaxe e superar as limitacións actuais.
Segundo explica o propio artista, a iniciativa xorde ante unha realidade clara: “case ninguén sabe regueifar” e, ademais, as opcións formativas redúcense considerablemente a partir da maioría de idade. “É moi complicado atopar onde formarse se non se vive en Carballo ou Vigo”, sinala. A proposta arrincou cun reto de 21 días regueifando, concibido como unha experiencia piloto para dar a coñecer as posibilidades desta práctica e que agora dá paso a un proxecto máis estruturado.
Máis informacion en Galicia Confidencial