A campaña 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' fará parada este venres en Boimorto cunha sesión que procurará implicar distintas xeracións na conservación dos nomes tradicionais do territorio. A actividade celebrarase a partir das 11.00 horas na Casa da Cultura e reunirá alumnado do CPI Armando Cotarelo Valledor, persoas usuarias do Centro de Maiores…
Vinte persoas participan en Valga nun curso de iniciación á lingua e á cultura galegas que busca facilitar a integración sociocultural das persoas procedentes do exterior e proporcionarlles recursos para utilizar o idioma en situacións cotiás. A formación comezou en setembro e continuará ata finais de outubro cun total de 20 horas de clases no…