Traducir do inglés ao galego de maneira errónea e enxeñosa, a nova tendencia de Twitter

Traducir Are you cold? por Es de Friol? é un dos exemplos que están inundando as redes nos últimos días, e que agora tamén teñen a súa versión en galego. Twitter encheuse nos últimos días dunha enxeñosa tendencia: traducir frases en inglés de maneira errónea e cunha fotografía que ilustre esa tradución.

O fenómeno viral comezou cunha idea do usuario @x27gsu, que decidiu interpretar frases en inglés dunha maneira diferente e orixinal. O seu primeiro chío, publicado o pasado 5 de maio, amosaba a imaxe dunha señora co texto I am a concept, traducido como Me llamo Concepción. O enxeño das súas creacións pronto se fixo viral, e agora a rede énchese de usuarios que crean as súas propias versións.

A versión en galego pouco tardou en chegar, e usuarios como @dePousinho ou @AlertaVelutina animáronse a publicar as súas propias creacións na nosa lingua, con referencias tamén á nosa cultura e xeografía.

Traducir Save the Earth por Salvaterra, I love good Big Cheese por Encántame Boqueixón ou How close is summer! por Como pecha este somier! son algúns dos exemplos que demostran o enxeño que se pode atopar nesta rede, tamén en galego.

Este artigo está redactado por persoas neofalantes. Se atopaches algún erro, por favor avísanos seleccionando a frase ou palabra en cuestión e preme as teclas Ctrl+Entrar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: