Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O humor de Alberte Montes leva a dinamización lingüística a catro concellos con FalaRedes

O actor e humorista Alberte Montes levará este verán o espectáculo Galego pode selo calquera a O Carballiño, Boiro, Ribadeo e Toén dentro de FalaRedes 2026, o programa de dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral da Lingua en colaboración cos concellos participantes. A proposta consiste nun monólogo cómico que emprega os tópicos, os prexuízos e…

Esther Estévez ironiza sobre o uso puntual do galego nas Letras cunha “consulta psicolóxica” satírica nas redes

A xornalista e divulgadora Esther Estévez, coñecida polo seu labor de activismo lingüístico e por ser a cara visible do proxecto 'Dígocho eu', publicou nas súas redes sociais un novo vídeo en clave de humor e sátira co gallo do Día das Letras Galegas, no que reflexiona sobre a relación que parte da sociedade mantén…

Unha regueifa sobre sanidade e lingua leva o galardón máis ousado do Enreguéifate 2026

O certame #Enreguéifate2026 deu a coñecer as primeiras gañadoras desta edición a través das súas redes sociais, comezando pola categoría das “regueifas máis bravas”, que distingue as propostas máis ousadas e creativas. O premio na categoría xeral recaeu nas Regueifeiras do Ciov, de Vigo, polo vídeo titulado “Saúde e lingua!”. Segundo destacou a organización na…