Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“Morriña”, de Baiuca, fai saltar a millerios de persoas no festival alemán Parookaville

Vai repicar no pandeiro, escoita as ondas do man, quero ver os teus olliños sorrindo cada mañá” foron os primeiros versos en galego que se escoitaron no Parookaville Festival, que sorprenderon a moitos galegos, pero que tamén fixeron saltar a milleiros de persoa nun dos festivais de electrónica de Europa.

O que ninguén esperaba era que o tema Morriña, de Baiuca, soase no multitudinario festival alemán, e menos aínda da man de Blasterjaxx e Timmy Trumpet, djs holandeses recoñecidos a nivel mundial. Os 900.000 e 2 millóns de seguidores que teñen respectivamente en redes sociais dan unha idea da súa relevancia no ámbito musical, polo que a versión electrónica que fixeron de Morriña foi unha grata sorpresa para os galegos.

Coa chegada do refrán,  “Só quero saber, cando te vou ver, terriña que anhelo choro por volver. Non podo vivir tan lonxe de eiquí, escuma das praias onde eu crecín”, non só todo o público saltou ao ritmo da música, senón que os propios artistas se animaron a bailala, como se pode ver nun vídeo compartido por Blasterjaxx na súa conta persoal de Instagram.

https://www.instagram.com/reel/CgeiEqkqEkK/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

E en Twitter non se pasou por alto o feito, onde destacaron como o galego pode chegar a calquera parte do mundo. “Dous dos mellores dj’s do mundo, con millóns de seguidores e actuando nos mellores festivais do planeta acaban de coller “Morriña” de @baiucamusic  para facer un remix espectacular. Chegamos lonxe, o que pasa é que non o queren ver”, compartía o xornalista e creador de contido musical @rodrimiguez97.

https://twitter.com/rodrimiguez97/status/1552023788891652099?s=20&t=UV3wcrXPRtkqhCVbwWhX8w

Porén, non é a primeira vez que os músicos teñen contacto con Galicia, pois Timmy Trumpet actuou no Son do Camiño, festival que se celebrou no Monte do Gozo durante os días 16, 17 e 18 de xuño. O vídeo completo da actuación de Timmy Trumpet e Blasterjaxx no Parookaville pódese ver en Youtube, onde soa Morriña a partir do minuto 35:34.

https://youtu.be/iPYe8S8cg2Q

Dende o 22 ao 24 de xullo, o Parookaville, que se celebra no aeroporto de Weeze, reúne anualmente a mies de persoas, e este ano non foi menos, con artistas como Alan Walker, Dimitri Vegas & Like mike, Amelie Lens ou Armin van Buuren.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.