Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Xela Arias, a sensibilidade cos neofalantes

En 1968 Xela Arias tiña 7 anos e falaba galego. Así deixou constancia o seu pai, Valentín Arias, nun artigo escrito en plena ditadura no que reflexiona sobre a bilingüísmo da súa filla e as facilidades que iso lle brindaría no futuro á hora de se mergullar en novos códigos. E así foi: co tempo, a poeta premiada co Día das Letras deste 2020 trocaría nunha destacada tradutora, poeta e editoria que hoxe lembramos.
A testemuña escrita de Valentín Arias, que resultou publicada nun especial das festas de San Xoán de Sarria, era ata hai pouco unha peza difícil de conseguir. Xa non máis: a Real Academia vén de anunciar que fará público o relato orixinal de Valentín Airas con motivo do Día mundial da Lingua Materna, que a Unesco celebrada cada 21 de febreiro dende o pasado ano 2000.
O relato de Valentín Arias en 1968 relata a experiencia da súa filla Xela como nena criada en galega, e irá acompañado dun artigo no que o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, reivindica a transmisión xeracional do idioma como “unha riqueza que debemos celebrar” para logo lembrar que o galego é, ademais, “unha porta ao multilingüismo, un concepto no que a organización internacional pon o acento nesta edición do Día da Lingua Materna e no que tamén afonda a historia de Valentín Arias”.
NEOFALANTES
“A proposta da UNESCO ten este ano un obxectivo moi concreto: fomentar o multilingüismo para a inclusión na educación e na sociedade. O texto de Valentín Arias ‘Xeliña fala galego’ é moi significativo ao respecto. Multilingüismo sen renunciar ás raíces, profundando nelas, para construír unha sociedade sen complexos”, expón tamén o presidente da Academia no artigo titulado “Lingua da memoria”.
Freixanes reflexiona, á parte, sobre o valor afectivo da lingua materna, “a lingua primeira da memoria”, e salienta a importancia de garantir a transmisión xeracional do galego, “unha riqueza que debemos potenciar, celebrar, asegurar e potenciar, pois non é incompatible con outras experiencias. Con todo, o presidente da Real Academia Galega tamén aproveita a celebración do Día da Lingua Materna para subliñar o valor das persoas que malia non se criaren en galego dan o paso para se instalar na lingua galega. “Na recuperación e uso social do galego son moi importantes os neofalantes”, conclúe.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.