Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Unha triste realidade: así é a diglosia e o predominio do castelán nas cidades galegas

Os datos do barómetro trimestal de Sondaxe non son esperanzadores para a lingua galega. O número de falantes que priorizan o castelán no seu día a día sobre o galego segue en aumento. Do mesmo xeito, a transmisión do galego faise máis complexa xa que hai menos falantes galego tanto nas xeracións máis novas como nas cidades.

Como indica La Voz de Galicia, no eido laboral e educativo a diferenza é maior: o 34,3 emprega sempre ou case sempre o castelán, mentres que un 23,5 prioriza o galego. O 17,4 faino nas dúas por igual e case unha cuarta parte preferiu non pronunciarse ao respecto na enquisa de Sondaxe. A diglosia é real.

Segundo núcleos de poboación a relación é aínda máis clara. Nos territorios máis poboados hai preferencia cara o uso do castelán, un 56,4% dos seus habitantes falao máis que o galego. Pola súa parte, a lingua galega é preferida por un 26,6% dos cidadáns. Pola súa contra, máis da metade da poboación os concellos con menos de 5.000 habitantes priorizan o uso do galego. Só un 13,3% usa máis o castelán.

As zonas urbanas son nas que o galego ten menor presencia. Aínda así, sácanlle bastante vantaxe ao castelán no sur e no centro de Ourense, onde o predominio da lingua galega supera o 70%. A Coruña e Ferrol son as áreas onde máis persoas só falan en español.

Por idades, o uso do galego na vida persoal tan só predomina entre os falantes de maior idade e diminúe entre a xente nova, que fala máis castelán, como recolle La Voz de Galicia. Máis da metade da franxa de 65 en adiante usan maioritariamente o galego (56,4 %, dos que un 35,9 son monolingües). A xente nova, entre 18 e 29 anos, que fala maiormente galego non chega á cuarta parte do total: son un 24,3 % (14,5 monolingüe).

DECLARACIÓNS

Tres días despois da publicación deste datos, o Conselleiro de Educación e Cultura Román Rodríguez falaba dende a súa conta de Twitter do impulso ao “plurilingüismo e a aprendizaxe de linguas estranxeiras para favorecer á igualdade de oportunidades“. Ante estas declaración, A Mesa de Normalización Lingüística ironizou sobre a estratexia que está a seguir a Xunta de Galicia.

https://twitter.com/amesanl/status/1501148897405804545

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.