A Universidade de Santiago de Compostela, a través das comisións de normalización lingüística de diversos centros e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, vén de convocar o III Concurso de edición da Galipedia, unha iniciativa dirixida á comunidade universitaria durante o curso 2025/2026. O certame ten como finalidade promover a produción e difusión…
Santiago de Compostela volverá acoller este verán unha nova edición dos Cursos Galego sen fronteiras, unha iniciativa de promoción da lingua e da cultura galegas dirixida a alumnado procedente do ámbito internacional e doutras comunidades autónomas. O programa desenvolverase do 3 ao 24 de xullo e está organizado pola Real Academia Galega (RAG) en colaboración…
O Instituto da Lingua Galega (ILG), adscrito á Universidade de Santiago de Compostela (USC), convocou para o ano 2026 dúas axudas destinadas á realización de estadías de investigación no seu centro por parte de Persoal Docente e Investigador (PDI) visitante pertencente a universidades ou institucións de educación superior situadas fóra de…
O Servizo de Normalización Lingüística da USC vén de publicar un kit de terminoloxía de óptica oftálmica co obxectivo de difundir e consolidar o uso do galego neste ámbito científico e profesional. O material foi desenvolvido en colaboración coa Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Óptica e Optometría e está…
O Ateneo de Santiago acollerá o vindeiro luns 19, ás 19.30 horas, a conferencia titulada 'O Atlas Lingüístico Galego: 50 anos despois', unha cita centrada na análise dun dos proxectos científicos máis relevantes para o estudo da lingua galega. A sesión terá lugar na sede do Ateneo, situada na rúa do Vilar, 19.…
A lingua galega ocupou un espazo de importancia no debate celebrado este xoves na Facultade de Ciencias Políticas da USC, organizado pola Asemblea de Investigadoras de Compostela, entre as catro candidatas á reitoría: María José López Couso, Alba Nogueira, Rosa Crujeiras e Maite Flores. No bloque específico dedicado a Lingua, Cultura e Extensión Universitaria, así…
A Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá este venres 12 de decembro unha nova edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, unha xornada promovida polo Instituto da Lingua Galega (ILG), o Instituto de Psicoloxía (IPsiUS) e o Grupo Procesos Cognitivos e Conduta da USC. O encontro…
A décima edición do certame de subtitulación ao galego de vídeos TED de divulgación científica fixo públicos os nomes das persoas galardoadas nas súas dúas modalidades: a dirixida á comunidade universitaria da USC e a orientada a participantes alleos á institución. O concurso ten como obxectivo incrementar a difusión da ciencia en galego mediante a…