A labor social e cultural da tradución é protagonista do volume Á volta da tradución, unha obra editada polas filólogas Rosa Marta Gómez Pato e Alejandra Ulla Lorenzo. Dende a Universidade de Santiago de Compostela buscan poñer en valor a tradución como unha ferramenta mediadora entre culturas, e fano a través desta obra na que…
A Real Academia Galega, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Galega de Onomástica, organizará un congreso internacional sobre a toponimia nos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela.
Do 21 ao 23 de setembro, a Facultade de Filoloxía da USC reunirá expertos de institucións académicas galegas, españolas e europeas que…
A V edición do premio Luis Porteiro Garea vén de premiar a Xosé Manuel Beiras Torrado, político e ex profesor da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela. Con este galardón, a USC recoñece o “papel activo na promoción do uso do galego no ámbito da xestión, tanto como director de departamento…
O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela está na procura de xente galegofalante para participar nun estudo sobre a lingua galega. A través da súa conta de Twitter, o ILG indica que busca homes e mulleres de entre 18 e 30 anos galegofalantes. Os requisitos son estar estudando estudos universitarios,…
O uso do galego na Universidade de Santiago de Compostela restrínxese ao 25% das clases impartidas. Por iso, iniciativas como ‘II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible’ e ‘VÍDEO-ENXEÑOS. I Concurso de vídeos sobre enxeñaría informática e química’ procuran normalizar a lingua galega nos ambientes científicos.
As comisións de Normalización Lingüística da Facultade…
O grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica da USC, CienciaNOSA, desenvolveu o primeiro MOOC -un curso en liña masivo e aberto (o nome é o acrónimo inglés de Massive Open Online Course)- en lingua galega, titulado "Química - unha ciencia experimental". Esta iniciativa naceu cun enfoque experimental para as prácticas de laboratorio dos…