A Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego anuncian o regreso da publicación LongaLingua, que desta volta adopta un formato dixital e podcast, logo de ter funcionado en papel entre os anos 2006 e 2010. A nova etapa da revista estará dirixida pola xornalista Eva Fernández Prieto e contará cun enfoque renovado para…
O Departamento de Filoloxía Galega e Latina presentou o noveno número da revista Cumieira, unha publicación centrada na divulgación de estudos científicos realizados por investigadoras e investigadores emerxentes no ámbito da lingua e literatura galegas. Esta nova edición inclúe catro artigos de investigación e unha recensión literaria, abordando temas diversos que van desde o impacto…
Se o teu bar de confianza ofrece prensa en galego ou podes ler na nosa lingua na túa taberna preferida, dáo a coñecer! A iniciativa #BaresEnGalego recolle os locais de hostalaría que ofrecen prensa en galego, para así poñer en valor o xornalismo feito na lingua da comunidade e apoiar o galego “os 365 días…