Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Da aula á rede: así naceu ‘As chaves da lingua’, unha das iniciativas premiadas nos Premios Mil Primaveras

O proxecto As chaves da lingua nace como unha iniciativa didáctica e divulgativa en liña orientada a mellorar as competencias lingüísticas en galego e a facilitar o acceso a recursos de aprendizaxe. Impulsado pola profesora de Lingua Galega Noemí García, combina o rigor filolóxico cun enfoque práctico e comprensible, pensado tanto para persoas que queren…

Os Premios Mil Primaveras recoñecen catro iniciativas que impulsan o galego entre a mocidade

A sétima edición dos Premios Mil Primaveras xa ten proxectos gañadores. O xurado, reunido na tarde do pasado 14 de abril, decidiu recoñecer catro iniciativas centradas na promoción da lingua galega e no incremento do seu uso en diferentes ámbitos, con especial incidencia na mocidade e nos contextos educativos e de lecer. Os proxectos premiados…

Acoller a través do galego: así funciona o programa que une veciñanza e persoas migrantes en Santiago

O Concello de Santiago leva dúas décadas desenvolvendo políticas activas de acollemento lingüístico para facilitar a integración das persoas chegadas doutras comunidades e países. No XXVII Encontro para a Normalización Lingüística, celebrado este martes no Consello da Cultura Galega, Marta Besada Otero, do Departamento de Lingua Galega, explicou o funcionamento dos obradoiros de acollemento lingüístico…

A CTNL convoca a sétima edición dos Premios Mil Primaveras para recoñecer boas prácticas no uso do galego

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca a sétima edición dos Premios Mil Primaveras, unha iniciativa que desde o ano 2019 recoñece accións, programas e proxectos que contribúan a promover o uso e o prestixio da lingua galega. Estes galardóns, que non teñen dotación económica, buscan dar visibilidade ás boas prácticas en…