Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A literatura galega do futuro sobe ao escenario do Colexio Peleteiro

O Colexio M. Peleteiro acolleu este xoves a entrega da 54ª edición dos Premios Literarios Minerva, nun acto celebrado no salón de actos do centro que reuniu autoridades, membros da organización, alumnado, familiares e representantes dos centros educativos participantes. A cerimonia estivo conducida pola estudante de 2º de Bacharelato Marta Arce, encargada de presentar o…

O certame de subtitulación TED ao galego premia ás gañadoras da súa décima edición

A décima edición do certame de subtitulación ao galego de vídeos TED de divulgación científica fixo públicos os nomes das persoas galardoadas nas súas dúas modalidades: a dirixida á comunidade universitaria da USC e a orientada a participantes alleos á institución. O concurso ten como obxectivo incrementar a difusión da ciencia en galego mediante a…

‘O Recuncho da Lingua’, Abraham Cupeiro e Ramiro Varela, protagonistas dos XXXV Premios San Martiño da Estrada

O Teatro Principal da Estrada acolleu este martes o acto de entrega dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística 2025, coincidindo coa festividade do patrón local. O evento, que cumpre trinta e cinco edicións, reuniu representantes institucionais, premiados e público nunha xornada de celebración arredor da lingua galega. Os galardoados desta edición foron o espazo…

Resolta o décimo recoñecemento da USC á subtitulación a galego de vídeos sobre ciencia

Paola Costa Villanueva é a gañadora da primeira modalidade do décimo certame #traduceTED2024, impulsado dende o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e dotado de 1.300 euros para o recoñecemento de traballos de tradución e subtitulación a galego de audiovisuais sobre diferentes temáticas científicas. Villanueva elaborou a escrita en galego de…