Durante as próximas tres semanas, o galego será a lingua protagonista nos patios do CEIP O Couto de Ourense. O centro escolar participa no proxecto 'Falemos+', unha iniciativa que dá continuidade ao programa '21 días co galego' promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar o uso oral da lingua entre a xente nova…
