Dende a súa fundación no 1906, a Real Academia Galega non deixou de publicar títulos: dende dicionarios ata normativas da lingua, pasando por discursos da Academia e outros traballos. Agora, esta institución vén de completar a incorporación dixital ao seu portal de case todas as obras publicadas ata o de agora. Nesta última actualización sumáronse…
Acentos arxentinos, italianos ou franceses son algúns dos que se escoitan na adaptación de Galicia infinda, o poema do homenaxeado Florencio Gurriarán , elaborada por 17 estudantes de Erasmus en Galicia. Dende a ESN Vigo (Erasmus Student Network), coa participación dos campus de Ourense e Pontevedra, elaboraron un vídeo para celebrar o día das Letras…
No barrio de barcelonés de Sants o galego ten o seu propio espazo. Cada semana, un grupo de alumnas reúnense cun mesmo obxectivo: aprender galego. Entre castelán, alemán, francés, inglés, italiano, catalán, éuscaro e árabe, na Aula d’Idiomes tamén está presente o galego.
A existencia de persoas que querían aprender galego en Barceola era evidente. O…
“Estamos fartas de recibir odio por facer contido en galego”, afirma a tiktoker burelesa @paulablackmakeuplover . Faino a través dun vídeo no que participan unha ducia de creadores de contido, que se mollan polo 17 de maio, día das Letras Galegas e animaron a participar na manifestación de Querremos Galego.
@Letidataberna é outra das tiktokers que…
“Ola, estou aquí! Recíbesme? Parece que si! Antes de nada tes que saber algo importante: estou un pouco nervioso. Contratáronme para contarche a historia da miña vida.” Así se presenta o propio Florencio Delgado Gurriarán na biografía “Son o poeta que cruzou o océano”, elaborada pola escritora Ledicia Costas.
Unha encarga da Real Academia Galega…