A Xunta de Galicia promove a lingua galega en Castela e León mediante unha nova edición das estancias no albergue xuvenil das Sinas, en Vilanova de Arousa, que reunirá esta semana a 70 estudantes que cursan galego como parte do convenio vixente desde 2006 entre as comunidades.
Tal e como trasladou o Goberno autonómico nunha nota…
A Cidade da Cultura acolleu a entrega do premio do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos "Cantamos coas mans". Un acto ao que acodiron unha escolma dos diferentes centros de toda Galicia que participaron no concurso e no que recibiron os premios os dous centros gañadores.
Así, os dous grandes premios foron o Premio do…
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou a creación dun selo para impulsar o uso do galego no ámbito socioeconómico. Así o avanzou este martes no Parlamento de Galicia, onde compareceu a petición propia no Pleno para informar sobre a folla de ruta do seu departamento para os próximos meses. O responsable autonómico…
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, presentaron este martes o informe da situación do galego na sede das Nacións Unidas en Xenebra. Concretamente, o informe foi presentado ante o Comité de Dereitos Humanos da ONU.
Nun comunicado explican que o documento sinala os "incumprimentos"…
O Concello de Lubián, hoxe en Zamora, pero históricamente vinculado á Galicia, non dubida en presumir da súa herdanza galega. Así o podemos apreciar neste vídeo publicitario feito, ademais, na nosa e na súa lingua propia, o galego.
Juan Carlos é arxentino, oriúndo de Córdoba, pero vive e traballa en Foz, onde rexenta unha casa de turismo rural e tamén exerce de guía en Finca Galea. O seu contacto co galego foi medrando pouco a pouco ata que decidiu dar o paso de aprender a lingua e convertela en parte do seu día…
Os XXXV Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia 'Galego sen fronteiras' xa teñen aberta a súa preinscrición. O programa, organizado pola Real Academia Galega en colaboración co Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC, celebrarase entre o 3 e o 24 de xullo en Santiago de Compostela.
A…
O Auditorio de Galicia acolleu onte o concerto 'Scripta manent, verba volant', un dos actos centrais da conmemoración do 50 aniversario da Facultade de Filoloxía da USC. O evento reuniu artistas exalumnos da facultade e contou cunha programación que abrangueu diversos estilos musicais.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Xornal de Compostela (@xornaldecompostela)
O…