A V edición do premio Luis Porteiro Garea vén de premiar a Xosé Manuel Beiras Torrado, político e ex profesor da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela. Con este galardón, a USC recoñece o “papel activo na promoción do uso do galego no ámbito da xestión, tanto como director de departamento…
O pasado 21 de xuño, o deseñador gráfico Antón Lezcano propoñía a través da súa conta de Twitter o cambio do nome e escudo do Real Club Deportivo de La Coruña. Tendo en conta o uso do castelán, o deseñador chamou á “(r)evolución”, pedindo que se cambie o nome e o escudo por Real Club…
Aínda que non o pareza, estes son tempos bos para o galego. Si, as enquisas, os sondaxes e todas as ferramentas estadísticas dinnos que a situación é preocupante, algúns din que é grave e aínda desesperada, e outros que a apocalipse está máis perta agora ca no franquismo.
Pero non, non é para tanto. Ou, mellor…
Miguel estuda Filoloxía Clásica, e na súa clase a metade das súas compañeiras falaban galego. Tamén o galego comezou a ser a lingua maioritaria no seu círculo de amigos, así que só quedaba que el comezase tamén a usar a lingua de Rosalía. Aínda que foi un camiño cheo de inseguridades, asegura como o axudou…
Un festival cheo de tradición se espera en Santiago de Compostela na noite de San Xoán. Dende as 17.00 ás 24.00 a praza de Mazarelos será o epicentro da celebración na capital galega. Así o deu a coñecer o concello de Santiago a través dun cartel no que se detalla toda a información das actividades…
Guido Álvarez vén de gañar o premio 'Travellers Choice' de TripAdvisor, un recoñecemento polo seu traballo de guía turístico en Lugo e en galego, a lingua que decidiu usar en todos os ámbitos da súa vida, tanto no persoal como no profesional.
"Encántame que sexa recoñecido un proxecto que é en galego; as redes sociais téñoas…
Unha proposta de Unidas Podemos, ERC, Bildu, Compromís, Junts, PDeCAT, PNV, BNG, Más País e CUP pedía permitir as linguas cooficiais na Cámara dos Deputados, unha iniciativa que o PSOE está disposto a rexeitar. Coa firma de Unidas Podemos e os principais aliados parlamentarios, propúxose unha reforma para poder realizar intervencións en euskera, catalán e…
No 1947 nacía o primeiro programa regular de radio en galego, o Galician Programme. Durante nove anos, a BBC de Londres acolleu programación en galego, permitindo oír a lingua da comunidade en calquera recuncho, nun momento no que o galego e a súa cultura eran perseguidas pola ditadura franquista.
Foi o 14 de abril de…