Dende a publicación do Libro Negro da Lingua Galega, Carlos Callón non deixa de percorrer vilas galegas presentando a súa obra, un libro que repasa máis de 500 anos da historia de Galicia, séculos durante os cales a represión do galego e a súa discriminación se fixo latente.
Agora, o Libro Negro da Lingua Galega cruza…
O IX Encontro Galego de Postcrossing xa ten data, o sábado 17 de setembro, xornada na que as amantes da correspondencia analóxica se darán cita na Casa Museo Casares Quiroga, na Coruña. Con esta edición, o proxecto galego de Postcrossing pon o seu foco na figura da actriz galega María Casares, coincidindo co centenario do…
Xabier Díaz, Baiuca, Dios Ke Te Crew ou Rodrigo Cuevas son algúns dos artistas que encabezan o cartel do Festiletras, un festival que chega á súa 40ª edición ofrecendo música e actividades en galego na Aldea do Couto. Do 1 ao 4 de setembro, a cultura en galego é a protagonista da aldea de Ponteceso,…
Aproveitando un espazo como RTVE, Olaya, unha veciña nada en Asturies e residente no Concello de Castroverde (Lugo), quixo dar voz á comunidade neofalante. Así se define esta concursante do programa “Te ha tocado”, quen foi clara na súa intervención: “Quero falar dos neofalantes”.
Ao seu paso polo programa, Olaya non perdeu a oportunidade para…
Idiomas como a lingua sami, o gaélico, o córnico, o euskera e o galego tiñan o seu propio espazo na aplicación IndyLan, un proxecto que naceu co obxectivo de que os usuarios aprendan linguas europeas minoritarias, mais tamén sobre a súa cultura.
IndyLan (Mobile Virtual Learning for Indigenous Languages) é unha ferramenta con máis de 4.000…
Galicia conságrase como o país invitado na 15ª edición da Expoesía de Soria, unha feira que anualmente leva ás rúas a poesía e que este ano se celebrou do 1 ao 7 de agosto. Este ano, a lírica en galego foi a protagonista, da man dunha delegación de escritores e editores que acudiron á cidade…
Despois do éxito da Tanxugueiras, co tema Terra, no pasado Benidorm Fest, o galego podería ter representación de novo. Entre nomes como La Casa Azul, Ana Mena ou Lola Índigo atópase a coruñesa Hydn, en cuxa proposta musical galego e inglés van collidos da man.
A artista é unha das artistas que optan a estar…
A variedade que nos ofrece a música en galego é infinda, e así o demostran dende Orgullo Galego. Música rap e trap, folk e tradicional, feita por mulleres, destinada aos máis cativos e incluso panxoliñas son algunhas das ideas que ofrecen dende Orgullo Galego para animar a escoitar contido producido na comunidade e na nosa…