Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O galego reúne en Santiago estudantes de 18 países nos cursos ‘Galego sen fronteiras’

Os XXXVI Cursos de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras' comezaron este mediodía en Santiago de Compostela coa recepción oficial ao alumnado participante nesta nova edición. En total, 62 estudantes procedentes de dezaoito países de Europa, Asia e América participarán durante tres semanas nun programa que combina aprendizaxe lingüística, achegamento cultural e convivencia internacional…

Os cursos Galego sen fronteiras regresan en xullo para promover a lingua e a cultura galegas entre alumnado internacional

Santiago de Compostela volverá acoller este verán unha nova edición dos Cursos Galego sen fronteiras, unha iniciativa de promoción da lingua e da cultura galegas dirixida a alumnado procedente do ámbito internacional e doutras comunidades autónomas. O programa desenvolverase do 3 ao 24 de xullo e está organizado pola Real Academia Galega (RAG) en colaboración…