Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O CEIP Millladoiro de Malpica recibe o Premio ‘Na lingua que eu falo’ da RAG

A Real Academia Galega (RAG) celebra o Día Europeo das Linguas cun novo galardón ás iniciativas que promovan o galego na infancia, outorgado na súa primeira edición ao CEIP Milladoiro de Malpica. Faino, indica, para destacar "o bo facer" da comunidade educativa do Colexio de Educación Infantil e Primaria Milladoiro", que inaugura o Premio 'Na lingua…

Borja, profesor de galego: “Cada vez hai máis demanda, sobre todo entre opositores e retornados”

O interese polo galego como lingua de formación medra en Ourense e noutras cidades, segundo explica Borja Rodríguez Pérez, profesor na academia Galeduca. A entidade, nacida como centro de apoio escolar, foi derivando cara á formación de adultos e especializouse nos últimos anos na preparación de titulacións oficiais de galego, que concentran boa parte da…

Un bombeiro forestal recibe críticas por escribir en galego nun chío sobre o seu avituallamento

A situación dos incendios en Galicia, que afectan estes días a varios concellos, levou a distintos profesionais a compartir nas redes sociais a súa experiencia no monte. Un deles foi Chema, bombeiro forestal, que publicou en X unha mensaxe describindo o avituallamento recibido: "Bocadillo+agua pequena+cocacola. Somos os primeiros que sabemos que está a cousa moi difícil,…

Paula Teixeira: como ensinar galego a neofalantes desde Escocia

Paula Teixeira, doutora en Lingüística (2024) pola universidade de Glasgow en Escocia. Foi lectora de galego na Universidade de Cork (Irlanda) e agora mesmo está levando adiante unha investigación posdoutoral con especial interese na regueifa. Este traballo enmárcase dentro dun proxecto moito máis amplo levado adiante desde a Universidade de Glasgow sobre linguas minorizadas e…