A canción galega no exilio mexicano de 1939 poralle o ramo este xoves, 10 de novembro, ao simposio que a Real Academia Galega lle dedica ao protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán. Samuel Diz, na guitarra clásica, e a soprano Belén Vaquero interpretarán pezas para poemas de Amado Carballo, Álvaro Cunqueiro,…
O concurso escolar da Real Academia Galega sobre Florencio Delgado Gurriarán xa ten gañadores. Os tres colexios premiados a través do proxecto 'Primavera das Letras' polas súas contribucións á divulgación da vida e da obra do protagonista do Día das Letras 2022 son o CEIP de Seixalbo (Ourense), o CEIP Fondo Nois (Foz) e o CEIP Julio Gurriarán…
A Real Academia Galega (RAG) celebrará este 17 de maio a sesión extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas en Córgomo, no municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras, localidade natal de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987). O acto terá lugar na Aira dos Birlos, un lugar cargado de simbolismo na vida e obra do autor homenaxeado e onde se…
“Ola, estou aquí! Recíbesme? Parece que si! Antes de nada tes que saber algo importante: estou un pouco nervioso. Contratáronme para contarche a historia da miña vida.” Así se presenta o propio Florencio Delgado Gurriarán na biografía “Son o poeta que cruzou o océano”, elaborada pola escritora Ledicia Costas.
Unha encarga da Real Academia Galega…