Este martes, 10 de decembro, foron entregados os premios das cuartas edicións dos certames 'Novos Poliedros' e 'Astronomía', convocado con motivo do Mes da Ciencia en galego pola Institución Galega da Ciencia. Os recoñecementos foron artellados co obxectivo de promover entre a xuventude a innovación científica en lingua galega. Desta volta, foi recoñecido o alumnado…
Este luns, o colexio O Foxo, en A Estrada, presentou a campaña "Bicos a Moreas", xa pola súa décimo segunda edición, que busca promover o uso do galego a través do reparto de adhesivos deseñados e creados polo alumnado, empregando diferentes debuxos e mensaxes en lingua galega.
Neste curso académico, o estudantado realizou un total de…
O 80% dos estudantes de Galicia entre 10 e 18 anos non escoitan nunca ou case nunca música en galego, segundo apunta unha enquisa realizada polo proxecto socio-educativo 'Ao Son da Nosa Música' entre máis de mil escolares de Galicia entre 5º de primaria e 2º de bacharelato.
Ademais, outro dos datos que arroxou a enquisa,…
Os centros de educación infantil e primaria Manuel Mallo Mallo (Lugo), do Carballal (Marín) e Souto-Donas (Gondomar) son os gañadores do concurso Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega a través do proxecto dixital Primavera das Letras, que fornece a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos para profundar na…
O xurado dos Premios á calidade lingüística da USC acaba de facer público o seu ditame na modalidade de traballos académicos. Esta convocatoria busca fomentar entre o alumnado a cultura da calidade ligada ao uso do galego. Na primeira das modalidades de que constan estes Premios, a dos traballos académicos de grao, concorreron dezaseis propostas,…