A Corporación de Radio e Televisión Española (RTVE) prevé comezar a emitir programación infantil dobrada ao galego na canle Clan antes de finais de 2026. Así llo comunicou formalmente o presidente do ente público, José Pablo López, á Mesa pola Normalización Lingüística, nunha resposta na que anuncia a "incorporación progresiva" de contidos na lingua propia…
A produtora Undodez Producións, dirixida por Álvaro Pérez Becerra, presentou no Cartoon Forum 2025, en Toulouse, o seu primeiro proxecto de animación: Lola, Porco & Paco. Trátase dunha serie de animación 2D composta por oito episodios de doce minutos, creada por Andrés Mahía, Xosé Castro e Xosé Antonio Touriñán, con Laura Mahía como guionista. A proposta…