Máis de 40 sesións de oito actividades variadas é o que ofrece a XI edición de FalaRedes 2022, un programa da Rede de Dinamización Lingüística. Este ano, o FalaRedes2022 céntrase na figura do homenaxeado no Día das Letras galegas, Florencio Delgado Gurriarán.
Entre as actividades, destaca a representación da obra Tras os vieiros de Florencio, que…
O pianista e escritor James Rhodes sorprendeu nas redes sociais cunha mensaxe en galego. “Teño un resfriado terrible e estou drogado con frenadol e acabo de facer dúas entrevistas en galego”, publicaba o artista na súa conta de Twitter, unha mensaxe moi cotiá que moitos galegos recibiron con alegría.
https://twitter.com/JRhodesPianist/status/1518905623164899333?s=20&t=d1YNzIbhB9LPhjpY9fU1BA
Porén, non é descoñecido o apego…
Maluma, Ozuna, Black Eyed Peas ou Lola índigo son algúns dos nomes que forman o cartel do Morriña Fest. Trátase dun festival de música que se celebrará en Riazor os 15 e 16 de xullo e que tivo a súa primeira edición no 2021.
Porén, o nome Morriña é das escasas palabras galegas presentes no festival.…
Antía Muíño comezou a súa andaina polo mundo da música a través das pandeiretas e dun grupo de cantareiras. Agora, a cantautora galega acaba de gravar o seu primeiro disco, que verá a luz a finais deste ano.
A cantautora galega vive en Euskadi, pero isto non é un impedimento para compoñer e cantar en galego.…
A Belén Puime faltáballe “petardeo en galego”. Isto é o que explica a directora coruñesa cando fala da súa webserie Pringadas, que vén de estrearse no Carballo Interplay. Pero “Pringadas” non é so “petardeo”, como ela o define, se non que detrás de capítulos de 10 minutos se esconde moito máis.
Xoana, Antía e Catu…
Un coro de Costa de Marfil cantando unha muiñeira. Este é o vídeo que está sorprendendo aos usuarios polas redes. O pasado 7 de marzo, @OrgulloGalegoGz compartía nas súas redes sociais dito vídeo, afirmando que ata en Costa de Marfil se pode escoitar galego.
Na gravación, 10 marfilesas entonan A Rianxeira acompañadas do son das…
Pontevedra acolle a décima edición do festival Galegote Rock, que este ano se celebrará os dúas 28, 29 e 30 de abril. A música en galego encherá as rúas pontevedresas nesta nova edición, que vén de presentar cartel. En total, celebraranse 12 concertos que se poderán gozar en espazos ao aire libre, bares e salas…
O grupo Tanxugueiras publicaba o pasado 5 de abril a súa alianza coa coñecida marca deportiva Reebok, coa que participan nunha campaña publicitaria. A través dunha foto na que as tres artistas galegas visten prendas da marca, deron a coñecer esta colaboración, que combina "o pasado e presente para facer chegar unha nova realidade, sen…